Ola rapaces! traio unha tarefa para vós, pero non foi só cousa miña...tamén vola propón María Canosa.
Ela mandoume dous poemas sobre animais que vos vou poñer nesta entrada....a idea é que os tomedes como exemplo e creedes o voso, DUN ANIMAL DIFERENTE CLARO!
Fixádevos que ela fixo
estrofas de catro
versos nos que riman o 2º co 4º
Para facelo tedes que pensar primeiro nas características ou peculiaridades dese animal.
Entón tedes:
- 1º enviarme o voso poema ao correo (
lembrade escrito no correo, non arquivos)
- 2º eu corríxovolo e mádovolo
- 3º cando volo envíe corrixido poñelo ben bonito nun folio con debuxo incluido
- 4º Enviarme unha foto ao correo do resultado final.