viernes, 27 de mayo de 2011

OS TRANSPORTES

Aproveitando que acabamos de ver o tema dos transportes en Coñecemento do Medio, deixovos esta canción tan divertida! Eu xa son fan do Show de Cuello! En youtube podedes encontrar moitos outros vídeos igual de graciosos!

Preparando a actuación de fin de curso...xa non queda nada!

Este ano non imos a facer unha obra de teatro... pero como  nos gusta moito disfrazarnos xa empezamos a argallar o vestiario para cantar a nosa canción de Migallas: "Dime que fixeches".

Aquí temos ao galo que sempre está cantando...


A avestruz que toca o laud....


E á cegoña que ten moita vergoña...

Plantamos aciñeiras






Así foi como celebramos o día da árbore!!!

viernes, 20 de mayo de 2011

Jorge Peteiro

Fixemos un mural do cadro "O Río" de Jorge Peteiro. A foto do mural rematado formará parte do calendario escolar realizado por Normalización Lingüística para o vindeiro curso. Cada curso terá un calendario na súa aula e así poderemos aprender sobre os outros artistas galegos elexidos polo restos das clases.