martes, 29 de marzo de 2011

Piki

Por fin chegou un peixiño! Cantas ganas tiñamos de ver un en vivo e en directo...Chámase Piki e ten unha casiña moi bonita, ata ten luz.





Gracias Eva

lunes, 28 de marzo de 2011

A metamorfose da bolboreta



Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades como se produce a metamorfose da bolboreta.



Seguimos coas mascotas...

Pois hoxe tivemos dúas mascotas:
- unha xa a coñecemos bastante ven porque xa nos teñen visitado amigos seus, foi o coelliño Mickey;
- a outra é menos coñecida pero moi común en Galiza, foi unha rola ou "tórtola"( en castelán) que se chama Chula. 




Moitas grazas Brais e Marta.

viernes, 25 de marzo de 2011

Ras e píntegas

Hoxe Guiomar trouxo unha ra e dúas píntegas para repasar o que sabemos sobre os anfibios.


CONTACONTOS MARIO TOMÁS

Hoxe visitounos un contacontos, Mario Tomás, que veu con moitos monicreques amigos para contarnos historias.



 Usou un teatriño moi chulo e tiñamos que fixarnos moito...

 Disfrutamos un montón e... a maioría estivemos moi atentos.






miércoles, 23 de marzo de 2011

Un trío xenial!!!

Hoxe tivemos tres mamíferos, con pelo, vertebrados, vivíparos..... comen cenorias... Adiviñades que poden ser?
Chámanse Copito de nieve, Rubio e Barbie.


 Esta é Barbie unha coballa moi boa e moi amigable.

E... aquí temos a estes dous irmáns tan cariñosos: Rubio e Copito de nieve. Están sempre moi xuntiños e lévanse moi ben... chicos e chicas tomade nota.
Grazas Noelia e Carlos.

martes, 22 de marzo de 2011

Agora andamos cos anfibios a voltas...



Con este video podemos ver un exemplo de como os cágados chegan a convertirse en ras!

LoLa


Hoxe tivemos a visita de Lola, a hamster de Lucía. Penso que pasou un pouco de apuro con tanto neno e nena mirando para ela, e pasou  moito tempo no túnel e metida na súa pera. Ao cabo dun anaco xa se soltou e andaba por fóra.

lunes, 21 de marzo de 2011

Día da árbore



 

Continuamos coas animaladas...

Hoxe tivemos a visita de Estrella e Fito, dous canarios de Fernando moi cantaríns e inquietos...o que costou sacarlles unha foto!!!


Pero non vos pensedes que foron os únicos en vir ao cole, tamén apareceu Blanquita, a coelliña branca de Andrea! É ben guapa!

viernes, 18 de marzo de 2011

MINNIE UNHA COELLIÑA MOI AGARIMOSA

Siguen chegando mascotas á nosa clase. Hoxe visitounos Minnie, a coelliña de Vanesa, e sorprendeunos moito porque é moi tranquila e cariñosa, todos lle puidemos facer un aloumiño.






Noraboa por ter unha coelliña tan linda e grazas por traela ao cole. Tes que coidala moito.

lunes, 14 de marzo de 2011

A NOSA AMIGA VALENTINA!

Como nos gustou moito a experiencia coa tartaruga de Pablo, que por certo xa ten nome....é Pipi ; hoxe Paula tróuxonos a súa tartaruga Valentina, que é un pouco máis grande, non é tan tímida , pero si moi dormilona.


Grazas Paula!

viernes, 11 de marzo de 2011

UNHA VISITA INESPERADA!

Hoxe recibimos unha visita inesperada, acompañounos toda a mañá a tartaruga de Pablo, que aínda non ten nome.
A súa visita veunos de marabilla porque en coñecemento do medio estamos a estudar as distintas clases de animais: mamíferos, aves, réptiles...
Polo tanto poidemos observar a un réptil en vivo e en directo.



A tartaruga hoxe estaba un pouco asustadiña ou tímida.

Pablo xa solo che queda bautizala! Moitas grazas por compartila con todos os compañeiros/as.

jueves, 10 de marzo de 2011

Bonecos de neve!!!!



Por fin algúns nenos e nenas poden levar a súa manualidade para casa.
É un boneco de neve que fixemos con material de refugallo. Viva a reciclaxe!!



viernes, 4 de marzo de 2011

Entroido

Hoxe fomos de desfile de Entroido polo pobo desta guisa:

Os nenos e nenas de 2º A...


E tamén os de 2º B!!!

Logo volvemos ao cole e escoitamos o xuizo dos Mecos, no que a Meca foi absolta e o Meco foi declarado culpable e, consecuentemente, queimado.

Agora a pasalo ben nas vacacións!!!