viernes, 30 de diciembre de 2011

FESTA DE NADAL

O día 21 de decembro celebramos a festa de Nadal no cole, mirade que ben o pasamos.






Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Customize your own presentación

martes, 20 de diciembre de 2011

FELICES FESTAS!

OS NENOS E NENAS DE 3ºA E A SÚA PROFE DESEXAN QUE OS VOSOS SOÑOS SE CONVIRTAN EN REALIDADE.

lunes, 21 de noviembre de 2011

TEATRO ROBIN HOOD

Enlace a unha presentación na que podedes ver o ben que o pasaron os nenos de 3º e 4º na obra de teatro en inglés Robin Hood á que fomos o día 15 de Novembro en Vigo.

Clic na palabra:

ROBIN HOOD 
Aquí vos deixo uns enlaces ao blog do colexio para que vexades uns traballos fetos polos nenos e en colaboración co EDLG.
FACEDE CLIC ENRIBA DAS SEGUINTES PALABRAS:

PERSONAXES DE MEDO

LECTURAS DE SAMAÍN

As creacións de outono

Aquí vos deixo o excelente traballo que fixestes cos vosos nen@s, simplemente usando tesouriños que nos deixa a natureza e a imaxinación e creatividade  creastes unhas verdadeiras obras de arte.

NORABOA!!!!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Digital slideshow generated with Smilebox

viernes, 28 de octubre de 2011

O BUSGOSO

No colexio esta semana traballamos o Samaín e entre outras actividades cada curso seleccionou un personaxe de medo.
Nos eleximos o busgoso, típico dos bosques de Galicia e Asturias e que se porta moi mal con todo o que non respete á natureza e ós animais.
Aquí podedes ver como é a través dos debuxos dos nen@s da clase:


Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación made with Smilebox

CABAZAS DE SAMAÍN

DISFRTADE DOS VOSOS TRABALLOS

Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
Free digital greeting card created with Smilebox

Curtametraxe de medo para celebrar o Samaín!

miércoles, 19 de octubre de 2011

Samaín á mexicana

En México celebran o día dos mortos dun xeito moi divertido...queredes saber cal é?

Decoran con cores "moi vivas" caveiras para burlarse da morte!


Que vos parece?

Bicos de parte da profe Raquel :)

miércoles, 12 de octubre de 2011

As articulacións.


Para poder aprender mellor as ariculacións que tanto nos custan.

Gracias profe Isabel por atopar esta presentación.

jueves, 29 de septiembre de 2011

jueves, 22 de septiembre de 2011

Festa de Éric!!

Onte foi o aniversario de Éric pero celebrámolo hoxe da maneira que máis nos gusta.... cunha tarta!

Estaba riquíiiiiiiiiisima!!!!


COMEZO DO CURSO 2011-2012

XA ESTAMOS EN 3ºA!!!

 Aquí estamos trece pero falta unha compañeira que desexamos que se incorpore pronto.

martes, 5 de julio de 2011

miércoles, 15 de junio de 2011

ANIVERSARIO ROI




O día 13 de xuño celebramos o aniversario de Roi, trouxo un biscoito riquísimo e ata soprou unha vela.

Moitas felicidades Roi.

miércoles, 1 de junio de 2011

VERMIÑOS DE SEDA


Na clase levamos 3 semanas cuns amiguiños moi especiais, os vermes de seda.Tróuxoos Diego Álvarez e facemos de detectives con eles.
1º Eran vermiños e comían moitas follas de moreira.
2º Engordaron un montón.
3º Empezaron a tecer uns fíos de cor amarela ou branca. 
4º Fan o casulo.
5º Sae a bolboreta. 
6º Aparéanse e poñen ovos.



Pronto veremos as nosas fotos.

Metamorfose vermes de seda

ADIÁNTOVOS UN VÍDEO....

ANIVERSARIO DE PABLO

Hoxe celebramos o aniversario de Pablo cunha mini-festa, tiñamos unha tarta riquísima de tres chocolates, zumes, velas...E ata servilletas que parecían billetes de 100 euros!
Parabéns Pablo no teu 8º cumpreanos!



viernes, 27 de mayo de 2011

OS TRANSPORTES

Aproveitando que acabamos de ver o tema dos transportes en Coñecemento do Medio, deixovos esta canción tan divertida! Eu xa son fan do Show de Cuello! En youtube podedes encontrar moitos outros vídeos igual de graciosos!

Preparando a actuación de fin de curso...xa non queda nada!

Este ano non imos a facer unha obra de teatro... pero como  nos gusta moito disfrazarnos xa empezamos a argallar o vestiario para cantar a nosa canción de Migallas: "Dime que fixeches".

Aquí temos ao galo que sempre está cantando...


A avestruz que toca o laud....


E á cegoña que ten moita vergoña...

Plantamos aciñeiras






Así foi como celebramos o día da árbore!!!

viernes, 20 de mayo de 2011

Jorge Peteiro

Fixemos un mural do cadro "O Río" de Jorge Peteiro. A foto do mural rematado formará parte do calendario escolar realizado por Normalización Lingüística para o vindeiro curso. Cada curso terá un calendario na súa aula e así poderemos aprender sobre os outros artistas galegos elexidos polo restos das clases.




jueves, 28 de abril de 2011

ANIVERSARIO LARA

Onte celebramos o aniversario de Lara comendo dous biscoitos riquísimos.


PARABENS!!! MOITAS GRAZAS.

viernes, 15 de abril de 2011

Pintamos cun escarbadentes

Seguimos coas actividades con ceras.
Nesta ocasión decidimos facerlle un pequeno marco a nosa obra con cinta de carrocero e despois dividimos a cartolina en planos outra vez:


Os pintamos cada plano cunha cor distinta e logo, por enriba tapámolo todo de cor negro:


Para rematar, facemos o debuxo cun escarbadentes e lle botamos latex cun pincel, retiramos a cinta de carrocero e...listo!