miércoles, 27 de octubre de 2010

Remate do proxecto de Elmer

Por fin!Xa rematamos co proxecto baseado na lectura de Elmer, o noso elefante tan especial.
Engadimos pois, fotos dalgúns dos traballos realizados e que os nenos/nenas terán nas casas.
Tamén vos amosamos o noso marabilloso Elmer feito cos retais que nos mandastes, moitas grazas pola vosa colaboración.



viernes, 22 de octubre de 2010

"PATATÍN PATATÁN"

Como a semana que vén comezaremos a celebrar  o Samaín, deixámosvos un pequeno avance.

martes, 19 de octubre de 2010

Xa chegou o outono!

O 23 de Setembro empezou o outono: as follas comezaron a caer das árbores, fai máis frío, xa podemos comer castañas, dentro de pouco celebraremos o Magosto e o Samaín...
Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria xa fixemos un mural cunha árbore de outono:
E tamén coloreamos debuxos do outono, un deles tiña unha poesía:

miércoles, 13 de octubre de 2010

Ajdar

O día da folga aproveitamos para xuntar as dúas clases e contarlles aos pequenos e pequenas o conto de Ajdar. Ajdar e un dragón que vive no centro da terra. Un día provoca un terremoto que transforma a todos os habitantes,  excepto a unha pequena nena. Como ela é a única que non cambiou, o rei encárgalle a complicada misión de ir ao centro da terra e convencer a Ajdar para que resolva a desfeita.

Despois do conto fixemos un mural. Esperamos que vos guste!

viernes, 8 de octubre de 2010

Proxecto de Elmer

Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria estamos a realizar un proxecto baseado no libro de Elmer.
Elmer é un elefante distinto...invitámosvos a que os vosos fillos e fillas vos digan porque.
Aquí vos deixamos algunhas das imaxes tomadas durante a actividade.


jueves, 7 de octubre de 2010

Xa temos Blog!

Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé en As Neves damos por inaugurado o noso blog.
A partir de agora colgaremos nel os nosos traballos para que poidades velos.
Esperamos que sexan do voso agrado.
Saúdos!